Vémonos en Combarro!

Ca publicación da Reportaxe do XIIº Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz 2015, poñemos fin ás publicacións tanto na páxina de facebook (https://www.facebook.com/encontrocabo2015) coma da web do encontro (http://www.encontrocabo2015.org). Ámbolas dúas permanecerán abertas e desde aquí, invitámosvos a facervos seguidores do XIIIº Encontro que se vai celebrar en Combarro-Poio entre o 29 de xuño e o 2 de xullo de 2017, https://www.facebook.com/XIII.Encontro.Combarro.2017 Vémonos en Combarro¡

P.D. Seguiremos publicando as nosas novas no Facebook da A Gamela (https://www.facebook.com/gameladecabodecruz) e na web http://www.gameladecabodecruz.org/

HOMENAXE A GAMELA DE CABO DE CRUZ - LEMBRANDO O ENCONTRO . III XUNTANZA DE PALILLEIRAS E BORDADORAS.


A Asociación A Gamela de Cabo de Cruz, xunto o Concello de Boiro está a organizar un programa de actuacións para homenaxear á embarcación a gamela e lembrar o “Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia” en Cabo de Cruz que tivo lugar o pasado ano no mes de xullo.

O acto “ Homenaxe á Gamela de Cabo de Cruz: Lembrando ao Encontro” céntrase na figura desta embarcación considerada como elemento patrimonial mariñeiro e etnográfico moi representativo deste pobo mariñeiro.

Prácenos achegarlle invitación e programa no que esperamos contar coa súa presenza e que nos axude a difundir dito programa cultural.

PROGRAMACIÓN

PREVIA: VENRES 8 DE XULLO DO 2016
Lugar: Centro Social de Cabo de Cruz
20:00h - Inauguración da exposición fotográfica (Imaxes Encontro 2015)

21:00h – Teatro: “Un Mar de Mulleres” (Chicas da Memoria Cruz Vermella Local Boiro)


ACTO CENTRAL: SÁBADO 9 DE XULLO DO 2016
Lugar: Centro Social de Cabo de Cruz
20:45h - Inauguración III Xuntanza de Palilleiras e Bordadoras CSoCC
21:00h - ACTO DE HOMENAXE á Gamela presentado por Xurxo Souto e proxección do vídeo documental Encontro 2015

Lugar: Peirao de Cabo de Cruz
22:30h – INAUGURACIÓN da réplica da Gamela Esperanza – Liberdade


Actuacións a cargo de“O AQUEL DE AQUELAR 2.0”CANTAREIRAS “NUNCA É TARDE”“AR DE LOUREDA”EFOLIADA



LEMBRADE QUE A XUNTANZA DE PALILLEIRAS E TAMÉN TODO O DOMINGO DIA 10




Estimados amig@s,
 remitimos información da presentación do poemario de Xosé Iglesias "Tranasfusión Oceánica", que terá lugar no Asteleiro Triñanes (Chazo - Cabo de Cruz) o sábado 12 de decembro ás 19:00h., agradecendo, por adiantado, a vosa colaboración na difusión e participación deste programa cultural.
Convídamovos a compartir uns momentos de poesía oceánica neste privilexiado lugar que son os estaleiros Triñanes, en Boiro.
Gerardo Triñanes cede os seus metros de traballo e súor, para que neles se conxugue o mar coa fasquía das súas embarcacións de madeira tradicionais.
As eixolas darán paso ós versos e tamén ás melodías dunha forte promesa galega que move os dedos no piano como nós as mans na rede. Aida Saco Beiroa porá a música neste escenario.
Presentará o acto o poeta Paco Souto e contaremos tamén cos poemas de María José Fernández .


Un saúdo

AGRADECEMENTO A TÓDOLOS/AS COLABORADORES/AS E PARTICIPANTES DO ENCONTRO


Cabo de Cruz, 24 de Xullo do 2015


Apreciado/a Amigo/a:

A través deste escrito, Gerardo Triñanes, coma presidente do Comité Organizador do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia Cabo de Cruz 2015, e en nome de todo o seu equipo saúdao afectuosamente.

A través deste escrito,  queremos facerlle chegar o noso agradecemento pola súa xenerosa colaboración e contribución e dicirlle que a súa axuda foi moi importante dado que con ela e con outras colaboracións mais, puidemos levar a cabo a diversa cantidade de actividades culturais de mar e de terra do 9 ao 13 de xullo do presente.

 Todos os membros do Comité Organizador queremos darlle as gracias novamente pola súa axuda sincera e desinteresada, esperando haber obtido a súa satisfacción tras o desenvolvemento do evento.

Sen outro particular, reciba un cordial saúdo

Gerardo Triñanes
Presidente

As primeiras embarcacións xa se deixan ver



Posted by EncontroCabo2015 on Martes, 7 de julio de 2015

AUDITORIO DO MUSEO DO POBO GALEGO

PRESENTACIÓN OFICIAL DO XIIº ENCONTRO

O vindeiro sábado 20 de xuño ás 12:00 h vai ter lugar no Museo do Pobo Galego a presentación oficial do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

Participarán no acto o presidente do Comité Organizador, o presidente da FGCMF, a Conselleira do Medio Rural e o Mar, o Secretario Xeral de Cultura, a Directora da Fundación Centro Artesanía e do Deseño e o Alcalde de Boiro.

Asimesmo tamén estarán presentes no acto o Presidente de Portos de Galicia, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e representantes do Museo do Pobo Galego

Este acto está aberto a calquera persoa que queira asistir; e nel vaise presentar de forma sintética o XII Encontro, as actividades en terra e no mar e darase unha primeira visión dos participantes, que neste momento está previsto que veñan de Irlanda, Gran Bretaña, Francia, Cataluña, Pais Vasco, Cantabria, Málaga, Croacia, Portugal, e por suposto Galicia.

Animámosvos a todos os interesados no patrimonio marítimo a asistir a esta presentación que marca o inicio da recta final na preparación do Encontro.



Ese mesmo día en RIANXO, actividades previas ao XIIº ENCONTRO:

MEDRE O MAR!

ENCONTRO CABO 2015

PRESENTACIÓN POR XURXO SOUTO DO XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS DE GALICIA, VIDEO DE PABLO CHOUZA

Posted by EncontroCabo2015 on Miércoles, 17 de junio de 2015
LA VOZ DE GALICIA 07/05/2015
Actos culturales y mesas redondas previas servirán para divulgar el Encontro de Embarcacións
Las actividades se desarrollarán en los cuatro municipios de Arousa norte
RIBEIRA LA VOZ 07 de mayo de 2015. 
La comisión busca financiación para contratar a un grupo folk.

GESTOSO
La comisión busca financiación para contratar a un grupo folk.

El comité organizador del Encontro de Embarcacións Tradicionais que tendrá lugar en Cabo de Cruz acordó la realización de un programa de actividades previo que se llevará a cabo en los municipios de Arousa norte con el fin de presentar y dar a conocer esta cita. Aunque durante la reunión no se cerraron las iniciativas a realizar, sí se barajaron alternativas, como mesas redondas, teatro callejero y un baile.

Lo que sí se determinó fue el calendario. Los actos se efectuarán los sábados del mes de junio, empezando el día 6. El primer lugar será Cabo de Cruz, al que seguirán A Pobra do Caramiñal, Rianxo y Santa Uxía.

Asimismo, el comité está buscando financiación para que algún grupo de música folk gallego, como Treixadura, actúe en la cita. Al parecer, las negociaciones están ya bastante avanzadas.

Cuerpos de seguridad
Otro de los asuntos tratados fue la idoneidad de mantener un encuentro con miembros de Protección Civil, Policía Local y Guardia Civil de Boiro, seguramente se realizará a mediados del próximo mes, para establecer las medidas de seguridad del acontecimiento.

Varios colectivos sociales y culturales han confirmado ya su participación.

NOTA DE PRENSA XUNTA DE GALICIA

O encontro de embarcacións tradicionais de Galicia pon en valor o patrimonio marítimo cunha nova edición en Boiro
Do 9 ao 12 de xullo, o porto de Cabo da Cruz acollerá esta iniciativa a prol dos bens patrimoniais vinculados ao mar, que promove a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial co apoio da Xunta de Galicia

Santiago, 17 de marzo de 2015.- Baixo o lema ‘Vento da historia, mar de futuro...’ o porto de Cabo da Cruz, no concello de Boiro, será o escenario, entre o 9 e o 12 de xullo, da nova edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, unha iniciativa promovida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) a prol da recuperación e difusión social do patrimonio marítimo tradicional. Trátase, en palabras do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, “dun amplísimo patrimonio cultural que se forxou ao longo da historia e que hoxe require da colaboración e unión de diferentes axentes –movemento asociativo, administracións, institucións galegas e internacionais, a cidadanía en xeral– para que sexa recuperado, apreciado e valorado a todos os niveis: cultural, social, económico, turístico etc.”.

A duodécima edición do encontro, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do Medio Rural e do Mar, e de Economía e Industria, así como tamén da Deputación Provincial da Coruña, foi presentada hoxe en rolda de prensa por Anxo Lorenzo. O acto tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura e tamén contou coas intervencións do alcalde de Boiro e vicepresidente do comité organizador do encontro, Juan José Dieste; do presidente da federación, Manuel García Sendón; e do presidente do comité, Gerardo Triñanes.

Impulso á recuperación e ao aprecio social
“A actualización e recuperación do patrimonio marítimo –asegurou o secretario xeral– é posible grazas a esforzos continuados no tempo, con iniciativas coma esta”.“Desde a Xunta de Galicia cremos no interese do encontro para continuar o proceso de preservación e de construción dun aprecio social por este patrimonio material e inmaterial arredor do mar”.“Por iso –engadiu– apoiamos un ano máis esta iniciativa, que constitúe xa un referente estatal no ámbito da náutica tradicional, pero tamén, cada vez máis, no exterior”.

A edición máis internacional
Os organizadores do encontro esperan que esta nova edición sexa a máis internacional, con embarcacións procedentes de países como Croacia, Inglaterra, Irlanda e o veciño Portugal, ademais doutras chegadas de diferentes puntos de España, como o País Vasco ou Cartaxena. Esta participaciónenriquecerá o encontro con novas experiencias acerca da construción destas embarcacións e tamén sobre a formación regrada do oficio.

Á repercusión cada vez maior do encontro, que constitúe un punto de referencia para técnicos, amantes do patrimonio marítimo e, en xeral, para toda a cidadanía interesada en coñecer algo máis da relación co mar, tamén contribuirá a completa programación que se desenvolverá durante as catro xornadas e que incluirá este ano unha navegación específica para persoas con discapacidade.

Ás actividades no mar, coa concentración e exhibición no peirao das embarcacións tradicionais e a navegación diaria, sumaranse múltiples propostas en terra que farán deste encontro unha auténtica festa da cultura, con mostras de artesanía, obradoiros mariñeiros, exposicións, xogos tradicionais, xornadas técnicas sobre patrimonio marítimo, recitais poético-musicais, teatro e danza, e múltiples concertos.

Bens patrimoniais vinculados ao mar
No ámbito do patrimonio marítimo, ademais de colaborar co Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a Consellería de Cultura e Educación asume tamén múltiples iniciativas, a través da Dirección Xeral de Patrimonio e dos dous centros culturais do departamento vinculados ao medio mariño: o Museo Massó, de Bueu, e o Museo do Mar de Galicia, en Vigo.Os dous centros veñen promovendo un conxunto de actividades permanentes vinculadas coa colección e preservación de embarcacións tradicionais, actividades didácticas de difusión social e a participación en programas de traballo común e xornadas de debate e estudo.

En 2013, a Xunta de Galicia tamén apoiou ‘Embarcacións tradicionais. Galicia. Pasado e presente’, unha obra publicada pola Deputación da Coruña que recolle o labor de máis de dous anos dun grupo de fotógrafos e investigadores que testaron a actualidade das embarcacións tradicionais galegas e estudaron as diferenzas con embarcacións de tempos anteriores a 1930.

O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Desde 1993, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) convoca cada dous anos o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, ao que están convidadas todas as súas asociacións así como entidades afíns, particulares e institucións. O porto de Cabo de Cruz, no concello de Boiro, será o escenario da nova edición do evento, que consiste nunha gran concentración de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego, así como doutras zonas xeográficas, acompañados de actos culturais e de lecer, xornadas, publicacións, exposicións,coloquios, música e danza tradicional, artesanía, etc.

A posta en valor da riqueza do patrimonio marítimo e fluvial galego, así como a necesidade de recuperalo e conservalo son os principais obxectivos desta iniciativa. Ademais, os encontros contribúen a difundir o traballo realizado no ámbito da recuperación do patrimonio feito polas asociacións, e ao mesmo tempo, supón unha actividade de dinamización social e de lecer, converténdose nunha festa atractiva para a cidadanía e os visitantes da concello no que se leva a cabo o encontro.

Actualmente está aberta a inscrición de barcos para o encontro, no que xa están inscritos un total de 15 de 13 tipoloxías distintas.

ENTREVISTA A MANUEL GARCÍA SENDÓN EN LA VOZ DE GALICIA

La Voz de Galicia, publica hoxe domingo 30 de Novembro unha entrevista ao presidente da FGCMF, Manuel García Sendón, onde fala do Encontro.



ACTO DE PRESENTACIÓN LOCAL DO "XIIº ENCONTRO"

O vindeiro 21 de novembro do 2014 ás 20:00h. no salón de Actos do Centro Social de Cabo de Cruz, terá lugar o acto de Presentación Local da XII edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Durante o acto darase a coñecer o Nº 0 da revista Mareachea, da man de Antón Vidal; e está prevista a proxección do video "Encontro de Embarcacións Tradicionas en Galicia" coa locución de Pablo Carrera.
No acto intervirán: J. Ramón Torrado, Presidente da Asociación A Gamela, Gerardo Triñanes Presidente do Comité Organizador do XII Encontro, Manolo Sendón, Presidente da Federación pola Cultura Marítima e Fluvial e o Alcalde do Concello de Boiro Juan José Dieste.


Páxina web do XII ENCONTRO http://www.encontrocabo2015.org




VOLUNTARIADO PARA O ENCONTRO 2015

TI TAMÉN ES PROTAGONISTA NO XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE  CABO DE CRUZ 2015


O XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no Cabo da Cruz, unha oportunidade para reafirmar unha relación do Pobo de Cabo da Cruz co Mar dende a prehistoria ata hoxe.
Esta “Campaña” embarcados para pesca da historia nas augas de calma chicha do pasado, levaranos catro singraduras a bordo de embarcacións nas que os nosos devanceiros largaban as redes na procura do seu futuro, hoxe o noso presente.
Xullo do 2015, nos días 9,10,11 e 12 e de xoves a domingo o noso Pobo volve a estar na proa da tradición mariñeira, a nosa costa , o noso porto volverán a se testemuñas da auténtica navegación tradicional: as lanchas xeiteiras, as dornas, os racús, as bucetas, os Galeóns, a nosa gamela e moitos outros barcos ergueran as súas velas saudando a un Pobo que non renuncia ao seu pasado de fonda Cultura Mariñeira e loita polo seu futuro sempre unido á salitre do mar que o viu nacer.
O éxito nesta “campaña de pesca” na memoria colectiva do noso pobo que neses días do encontro vai ser a memoria da Galicia mariñeira mais tradicional, necesita da colaboración de todo o pobo (como así vai ser), en especial dunha gran tripulación enrolada nas distintas tarefas de desenvolvemento do Encontro.
¡¡Apúntate como voluntari@ !!
        Fas falta nas seguintes áreas de traballo voluntario:
*Área de Cultura: monitorado, obradoiros, exposicións …  para adultos e nen@s
*Área de Información
*Área de Restauración
*Área de Servizo Marítimo
* Área de estrutura e montaxe.

Como  e onde apuntarse:
Se tes 16 anos ou máis e queres ser voluntar@ necesitamos:
Que cubras o impreso oficial de voluntariado e entregalo debidamente cuberto e asinado. 
Podes entregalo no Centro Social de Cabo de Cruz ou envialo por correo electrónico a cabodecruz@boiro.org  Se envías os teus datos por correo electrónico no recadro de “asunto” debes poñer coma referencia VOLUNTARIADO ENCONTRO 2015.

Cabo de Cruz será escenario da primeira regata de velas cangrexas

Boiro volverá ser o punto de mira para quen fan da navegación unha arte. O próximo fin de semana, 5 e 6 de xullo, celebrarase nas súas augas a primeira regata de velas cangrejas, organizada polo Club Náutico de Boiro-Marina Cabo de Cruz, coa colaboración de Agabace e o patrocinio de Agalcari e o Concello. Un completo programa elaborouse para a ocasión e nel inclúense tamén exhibicións e conferencias.
Está previsto que o sábado, a partir das nove e media da mañá, ofrézase unha xornada de portas abertas para compartir cos asistentes, a partir do mediodía, dúas charlas especializadas. O primeiro relator será Luis Tourón, que fará un repaso pola historia da vea cangreja. Colleranlle a testemuña Ramón Albert e Julio Pousa, que falarán sobre o trimado deste tipo de aparellos. Xa pola tarde, a partir das catro, programouse unha navegación libre de exhibición e, seguidamente, a degustación dunha paella para tripulantes e armadores. Esta iniciativa coincide no calendario coas festas de Boiro.
O domingo as actividades comezarán á unha da tarde, coa saída da regata. Está previsto que regresen ás catro, como hora límite. Ás cinco será a entrega de trofeos.
No acto de presentación da regata estiveron o alcalde Boiro, Juan José Dieste; o presidente de Agalcari, Ramón Collazo; o máximo representante de Agabace, Avelino Ochoa, e o presidente do Club Náutico de Boiro-Marina Cabo de Cruz, Manuel Fajardo, que asegurou que para lle entidade é todo un orgullo contar con esta iniciativa, Tamén asegurou que se traballa para traer a Boiro actividades innovadoras e a intención é organizar unha gran exhibición de barcos clásicos.
Juan José Dieste, Ramón Collazo, Avelino Ochoa e Manuel Fajardo, sobre unha embarcación.MARCOS CREO

ENCONTRO EN CABO DE CRUZ

«O encontro vén a reivindicar a conciencia de pobo de Cabo de Cruz»

 Falta un ano, pero a maquinaria da actividade xa está en funcionamento

No verán do 2015, concretamente na segunda quincena de xullo, Cabo de Cruz vaise converter nun fervedoiro de xente, ou iso é cando menos o que esperan os organizadores do Encontro de Embarcacións Tradicionais da localidade boirense. Aínda faltan moitos meses, pero a maquinaria xa está engraxándose para comezar a funcionar. Gerardo Triñanes, cabeza visible da loita pola pervivencia da carpintaría de ribeira, é o presidente do comité que ten a «enorme responsabilidade» de que todo vaia vento en popa.
-Comecemos polo principio, ¿como xurdiu a idea de presentar a candidatura de Cabo de Cruz para acoller o próximo encontro?
-Os encontros son basicamente unha festa, unha manifestación cultural coa que se pretende poñer en valor o patrimonio marítimo a través das embarcacións tradicionais. En toda Galicia hai máis de trinta tipoloxías destas embarcacións. Cabo de Cruz ten unha exclusiva, que é propia desta zona e está catalogada, é a gamela de Cabo de Cruz. E un grupo de xente tivo a idea de poñerse en contacto coa asociación Gamela para presentar a candidatura.
-Falta máis dun ano para a cita coas embarcacións tradicionais, ¿que percorrido lle queda por diante á organización?
-Está aínda moi verde. Constituímos o comité organizador, do que forman parte o alcalde Boiro, Juan José Dieste, e Manolo Sendón, presidente da Federación Galega pola Cultura Marítima, como vicepresidentes; Pepe Sieira é o secretario; José Mariño, o tesoureiro, e hai varios vocais. Pretendemos funcionar formando comisións para cada un dos aspectos do encontro. A mediados de xuño queremos facer unha asemblea con todo o pobo para ver que imos facer. E estamos tendo reunións cos distintos organismos oficiais para conseguir o seu apoio.
-Había dúas candidaturas para organizar estas xornadas, a outra era Combarro, ¿que cre que foi o que pesou para que fose Cabo o porto elixido?
-Creo que foron dous factores: o entorno, o escenario natural de Cabo de Cruz, que é fantástico e un gran descoñecido; e, sobre todo, o enorme apoio de todos os colectivos e do propio Concello, que xa comprometeu unha axuda económica.
-Cabo de Cruz foi sempre unha localidade moi activa pero ultimamente parecía un pouco parada, ¿cre que ese apoio ao encontro é unha nova mostra do dinamismo das entidades de Cabo de Cruz?
-Xa non é só aquí, a sociedade en xeral está aletargada, eu non sei se é pola crise ou por que, pero non hai movemento social, non hai organizacións civís. Si creo que este encontro vén un pouco a reivindicar a conciencia de pobo de Cabo de Cruz, e que mellor maneira de facelo que con algo que mira directamente ao noso mar.
-¿Iso mete presión?
-É unha responsabilidade enorme. En vista de todo o apoio que temos, se o facemos mal vai ser para tirarse dos pelos. Practicamente todas as entidades da parroquia, desde A Unión e a asociación de veciños A Marxa ata o Náutico, a confraría, os clubs deportivos e as agrupacións de mexilloeiros colaboran con nós. Tamén moitos colectivos de Boiro, como a ABE, asociacións culturais e Mar de Noia participarán no encontro. Esperamos contar co patrocinio das empresas punteiras de Boiro.
-Polo que se ve non queda ninguén fóra.
-Necesitamos toda a colaboración posible. Temos que traballar moi duro estes meses para botar a andar as comisións e ir atraendo a xente que queira botar unha man. De feito, facemos unha petición a todo aquel que teña algunha proposta, para que nola faga chegar. Por exemplo, neses días queremos engalanar todo Boiro con motivos mariñeiros, e para iso precisamos a colaboración de todo o mundo.
-¿Que beneficios pode reportar a Cabo de Cruz, e a Boiro, a celebración desde encontro?
-Vai ser fantástico para o pobo. Serán catro xornadas con actividades todo o día, espectáculos, rutas de navegación pola ría, obradoiros, charlas, proxeccións audiovisuais, exposicións, certames de poesía, teatro, bautismos de mar en embarcacións tradicionais... O potencial turístico e dinamizador é enorme. Estes encontros xeran moita expectación en moitos países, e aínda que Galicia non ten grandes veleiros, si se están recuperando e esperamos reunir uns 150 barcos galegos. Isto ten unha proxección internacional e estamos negociando para que veñan embarcacións de Irlanda, Portugal, Escocia... Calculamos que durante os catro días veñan a Cabo de Cruz máis de 30.000 persoas. De feito, coido que sobrepasaremos esa cifra. Van ser catro días moi intensos que esperamos que sexan lembrados polo pobo e que o queiran repetir.
-Pois si que lles queda traballo por diante...
-Teremos axuda. Pablo Carrera, ex irector do Museo do Mar de Galicia, xa ten unha gran experiencia e vainos coordinar, e contamos tamén co asesoramento cultural de Francisco Fernández Naval, Chisco.
Gerardo Triñanes Presidente do comité do encontro de embarcacións tradicionais




«Sería un erro histórico deixar que a carpintaría de ribeira se extinguira»

1 votos
Ademais de encabezar o comité organizador do encontro, Gerardo Triñanes é o presidente de Agalcari e pouco menos que unha institución á hora de falar das embarcacións tradicionais e da carpintaría de ribeira, un oficio que, defende, ten que mirar cara o futuro. Diso tamén se falará no marco da cita que terá lugar en Cabo de Cruz en xullo do ano próximo.
-Cada encontro de embarcacións tradicionais ten unha temática concreta, ¿cal é a que propoñen vostedes?
-Neste caso un dos eixos será a arqueoloxía, a través do castro do Achadizo, que está no mesmo porto de Cabo. Queremos dar a coñecer os nexos de unión dos habitantes dese asentamento co mar. Outro dos eixos será o de documentar e recuperar unha embarcación tradicional, o sancosmeiro, que era propio da zona de Noia. Desapareceu, non queda ningún exemplo, e trátase de que non se perda ese saber facer dos carpinteiros de ribeira; é moi importante conservar as técnicas construtivas. Outro dos obxectivos dos encontros é devolver a conciencia ecolóxica para fomentar a construción nun material natural como é a madeira, que ademais a temos aquí, en Galicia, e que coas novas técnicas para o seu mantemento ten grandes vantaxes. Non se trata só de dar a coñecer a historia deste oficio senón tamén a posibilidade de proxectalo no futuro cun pleno sentido produtivo.
-No marco da ampla programación desde evento tamén terán cabida as xornadas de construción naval en madeira, ¿que tema tratarán?
-Seguiremos insistindo no mesmo, que non morra a actividade. O positivo é que imos poder traer xente doutros países para que nos conten a súa experiencia na construción e tamén na formación regrada do oficio.
-¿Noutros países estúdase para ser carpinteiro de ribeira?
-Si, hai escolas para a formación de carpinteiros de ribeira; aquí é ao revés, o oficio está desaparecendo. É un patrimonio da sociedade, esta profesión non se debería extinguir, sería un erro histórico. Esta corrente de poñer en valor as embarcacións tradicionais chegou a Galicia un pouco tarde con respecto a outros países europeos. Non sei por que, paradoxicamente vivimos de costas ao mar. Por iso queremos potenciar ese patrimonio material e inmaterial.

PARABÉNS PARA O CLUB DE REMO CABO DA CRUZ POLO SEU COMPIONATO DE ESPAÑA

Desde a GAMELA queremos felicitar ao Club de Remo polo OURO e as duas PLATAS conseguidas onte en Cantabria, no Campeonato de España de Bateles.
Noraboa por este triunfo histórico.

Cabo de Cruz dará cabida ao Encontro de Embarcacións Tradicionais no 2015

A incerteza mantívose ata última hora, pero finalmente Cabo de Cruz recibiu a boa noticia que esperaba: o seu porto dará cabida á duodécima edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará o próximo verán. Os responsables desta iniciativa agradeceron onte o apoio recibido por parte de todas as entidades da localidade e do propio Concello: «Isto é case un proxecto de todo ou pobo».
A candidatura crucense, encabezada pola asociación A Gamela, tiña en Combarro a un duro rival. Durante varias horas, os integrantes da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial escoitaron os argumentos a favor dunha e outra localidade como sede do encontro e finalmente resultou elixido Cabo de Cruz cun resultado de 16 a 6 na votación.
Agora, á asociación A Gamela tocaralle pórse ao choio para organizar un evento que atraerá ata o municipio a decenas de embarcacións tradicionais procedentes de distintos lugares de España e de Europa. Aínda que non é seguro ao 100%, o máis probable é que o encontro se celebre na segunda semana do mes de xullo. Así mesmo, o presidente de Agalcari, que colabora coa candidatura presentada pola Gamela, explicou que se fará coincidir esta cita cunha nova edición das xornadas de construción naval en madeira.


PARABÉNS PARA AGALCARI

A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), con sede en Boiro, resultou finalista no Premio Promociona para entidades privadas. O traballo da asociación caracterízase por manter viva a tradición na construción de embarcacións de madeira ao tempo que incorpora as últimas innovacións aparecidas no mercado. A súa aposta é conservar o saber facer dos carpinteiros de ribeira e adaptalo ao contexto dunha economía sostible, conservando o seu valor cultural, e promovendo a divulgación e o uso do patrimonio marítimo.



La candidatura de Cabo como sede del encuentro de embarcaciones suma apoyos.

El gobierno local ya ha mostrado su disposición a colaborar con la Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras A Gamela, entidad que encabeza la candidatura. 
El alcalde de Boiro, Juan José Dieste, mostró su satisfacción por que Cabo de Cruz sea una de las localidades que aspira a dar cabida al encuentro, que se celebrará en el verano del 2015, y destacó el nuevo impulso que daría este acontecimiento al turismo náutico en la ría de Arousa, y más concretamente en el municipio boirense. Para formalizar este apoyo a la candidatura presentada por A Gamela, el ejecutivo tiene previsto llevar el asunto a pleno para sumar el beneplácito de toda la corporación.

Cabo de Cruz aspira a acoller por primeira vez o Encontro de Embarcacións Tradicionais

Combarro é o rival do porto boirense na pugna por ser a sede da próxima edición.

A candidatura presentada pola asociación A Gamela de Cabo de Cruz para converterse en anfitrioa do próximo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial desde 1993, foi admitida, o que converte ao porto crucense nun dos dous que pugnan por dar cabida nas súas augas a barcos tradicionais chegados, non só de toda a comunidade, senón tamén de Portugal, Irlanda, Francia, País Vasco, Cataluña, Andalucía ou Baleares. Combarro rivaliza con Cabo por converterse en sede do encontro.

Serán as máis de corenta entidades que forman parte da federación, as encargadas de elixir entre as dúas candidaturas nunha asemblea que se celebrará o próximo día 29. De resultar elixida a proposta da Gamela, o porto crucense recibirá a decenas de embarcacións tradicionais no verán do 2015.

Regata de barcos clásicos de Cabo de Cruz


La falta de viento obligó a recortar la regata de barcos clásicos de Cabo de Cruz


















Las embarcaciones tuvieron que esperar casi dos horas en el mar antes de darse la salida. MARCOS CREO
Fue todo un espectáculo. Ayer en la dársena de Cabo de Cruz tuvo lugar la primera regata de barcos clásicos de la ría de Arousa, en la que participaron embarcaciones de la zona y que organizó el Club Náutico Boiro. Los comisarios se vieron obligados a retrasar la salida debido a la falta de viento.
Con un día espectacular, a la cita se presentaron seis embarcaciones. La salida estaba prevista para la una y media de la tarde. Los árbitros decidieron esperar debido a la falta de viento. Con casi dos horas de retaso, se dio el pistoletazo de salida en un recorrido que también se recortó, pasando de las nueve millas previstas en un principio, a las tres que al final recorrieron los veleros.
Los barcos salieron de la ensenada crucense y dieron vuelta en A Ostreira. El viento hizo su aparición e incluso hubo momentos que soplaba entre ocho y nueve nudos.
El primer clasificado fue el Sara O, de O Grove. En segundo lugar cruzó la línea de meta el O Laberco, de Gerardo Triñanes, del club organizador, que además consiguió el premio al barco mejor conservado. El tercer puesto fue para el Papaleisson.

En el puerto deportivo de Cabo de Cruz se dieron cita los que vendrían a ser los Rolls Royce de la náutica. Se trata de unos impresionantes veleros clásicos que permanecen atracados en la dársena boirense para participar en el Gran Premio Agalcari. 
Las tripulaciones de cada barco estuvieron dispuestas a dar todas las explicaciones que les pedían sobre las características de la embarcación o el año en el que se construyeron, como pudieron comprobar quienes se dejaron caer por los pantalanes crucenses durante la tarde de ayer.



1ª REGATA CLASICOS DE CABO CRUZ

Xa podemos adiantar que este verán, está previsto celebrar a 1ª REGATA DE CLASICOS na Marina de Cabo de Cruz. Será o SÁBADO 29 DE XUÑO, co patrocinio de AGALCARI - AGABACE.
1º GRAN PREMIO AGLACARI "EMBARCACIÓNS CLÁSICAS E DE ÉPOCA"


Encontro de Embarcacións Tradicionáis de Galicia

A prensa ven de anunciar que o gran encontro de Embarcacións tradicionáis de Galicia, será no Freixo do 11 ao 14 de Xullo do vindeiro ano 2013. Desde este blog, queremos lembrar, que temos un convenio de colaboración co Club Náutico de Boiro, que grazas a él, esperamos celebrar en breve unha xuntanza similar. Quizá teñamos que esperar, pero podedes estar seguros de que Cabo terá o seu encontro de Embarcacións Tradicionais.
Aquí podedes ler o apunte de prensa:

COLABORACIÓN NA 4ª SEMANA CULTURAL DO C.E.I.P. SANTA MARÍA DO CASTRO

Esta asociación congratúlase de colaborar co CEIP Santa María do Castro de Cabo de Cruz, na 4ª Semana Cultural que se levará a cabo do 9 ao 16 de Maio, na que ademáis da homenaxe do día das Letras Galegas, adicada este ano ao escritor Valentín Paz Andrade, o colexio presenta unha exposición adicada ao Mar.
Así pois, co nome de A NOSA RÍA, O NOSO MAR, o próximo mércores 9 será a inauguración oficial desta semana cultural e da exposición.

AXENDA:

MÉRCORES, 9
10:00 - Inauguración da Semana Cultural e da exposición adicada ao MAR, ca presencia do Alcalde do Concello e a Concelleira de Educación.
10:30 - O armador Antonio Saborido intrudiciranos no mundo da PESCA.
 
XOVES, 10
09:00 - Obradoiros de "Decoración de cunchas e mexillóns", "Construccións de bateas", "Collage e etiquetado", e "Pintura".
 
VENRES, 11
10:00 - Charla coloquio "Do mara á lata", a cargo de Silvia Cordido, empregada nuha industria conserveira.
 
LUNS, 14
16:00 - "Coñecendo a profesión dos mariscadors", da man de Agustín Rivas Río.
 
MARTES, 15
09:00 - Homenaxe a Valentín Paz Andrade. O alumnado exporá as investigacións feitas en torno ao homenaxeado.
 
MÉRCORES, 16
16:00 - Charla coloquio sobre "O cultivo do mexillón e da ameixa" impartida polos bateeiros Beatriz Ojea e Marcos García Treus.

ACTIVADO O NOVO ENDEREZO WEB

DESDE MARZO-2012 XA SE PODE ENTRAR NESTE BLOG CO NOVO NOME REXISTRADO DA ASOCIACIÓN, AINDA QUE TAMÉN SEGUE ACTIVO O DE BLOGSPOT.
TAMÉN PODES VER MÁIS SOBRE ESTA ASOCIACIÓN EN:

A GAMELA ARRIBA A MARINA DE CABODECRUZ

O 15 de marzo do 2012 fíxose realidade o compromiso de colaboración entre esta Asociaciación e o Club Náutico de Boiro, por medio da arribada da nosa embarcación tradicional a Marina de Cabo de Cruz.
Cunha placa nominativa no pantalán, quedou amarrada a "Esperanza Libertade" nun lugar preferente dentro da Marina. Con este gran paso, estamos seguros de que a Gamela se deixará ver máis amiúdo pola Ría de Arousa.

A GAMELA SIRVE DE INSPIRACIÓN PARA OUTROS BARCOS

Cabanas organizará paseos turísticos por el EumeLa Xunta ha cedido al Concello la embarcación «Anduriño» que ha sido construida en el centro de formación A Aixola
CARLA ELÍASFERROL / LA VOZ 09 de marzo de 2012 08:49
La embarcación Anduriño, construida en el centro de formación A Aixola en Marín, por encargo de la Consellería de Medio Rural cedida al Concello de Cabanas, ha superado con éxito las pruebas de navegación a las que ha sido sometida los últimos días por la Capitanía Marítima de Vigo en la ría de Pontevedra. Esta embarcación estará destinada a actividades de divulgación y turismo en el río Eume.Se trata de una embarcación de tipo planeadora en contrachapado marino que mide más de siete metros de eslora, casi tres de manga, tiene capacidad para ocho personas además del patrón. El casco y los interiores han sido construidos en contrachapado marino certificado y se han empleado barnices ecológicos.Para su diseño, destacan fuentes autonómicas, el centro de formación se ha inspirado en las formas tradicionales de la gamela Cabo de Cruz, modificadas para la finalidad requerida en esta ocasión. Según informaron fuentes del centro de formación, la embarcación tiene un valor de 20.000 euros.Navegación por el EumeLa Xunta ha cedido la embarcación al Concello de Cabanas, enmarcada en un acuerdo de colaboración entre ambas administraciones. Según informan fuentes municipales, solo queda aprobar la documentación del barco y esperan poder tenerlo ya en el municipio dentro de diez o quince días.El Ayuntamiento prevé desarrollar un proyecto turístico y divulgativo por el curso bajo del río Eume para dar a conocer la zona y su importancia y riqueza medioambiental. «Qué mejor que conocer la comarca y las fragas en un paseo en barco», destaca el alcalde del municipio, Germán Castrillón.Aunque la Concellería de Turismo todavía está estudiando como será el proyecto, si lo desarrollará la administración local o una empresa externa, el primer edil espera que pueda comenzar a realizarse los primeros paseos en el Anduriño esta primavera o en verano.

COLABORACIÓN NA DÉCIMA EXALTACIÓN DO MEXILLÓN


Un ano máis, esta asociación cultural de tradicións mariñeiras, en colaboración co Museo de Mar de Galicia, aportou un anaco de tempo para a lembranza da cultura mariñeira, durante os actos desenrolados co gallo da X Exaltación do Mexillón de Galicia en Cabo.




CLUB NÁUTICO DE BOIRO E A GAMELA DE CABO

A todo trapo e vento en popa, estanse a levar a cabo as obras do novo porto deportivo en Cabo de Cruz. E como non podía ser menos tras quedar demostrado tantas veces, o apoio entre as diferentes asociacións do pobo que manifestaron como obxetivo común, a ilusión de chegar a ver algún día a MARINA DE CABO DE CRUZ, chega un novo ofrecemento de colaboración.
Esta vez, o Club Náutico de Boiro, xa deixou caer, que lle cedería gustosamente un lugar dentro da Marina, a embarcación tradicional "A GAMELA DE CABO DE CRUZ".
Ahora mesmo, a embarcación continua no museo do Mar de Vigo, donde está sendo escaneada para ser reproducida en 3D, pero en breve estará dispoñible para poder navegar nas augas desta Ría.
Esta cesión de espazo para que a embarcación tradicional de Cabo, esté sempre lista para sair a navegar, conlevará a disposición da asocición A GAMELA, para organizar actividades culturais a cambio.
Por outra parte, a existencia dun náutico no pobo, fai ver con optimismo a posibilidade de que Cabo de Cruz teña no futuro o seu día de ENCONTRO DE EMBARCACIONS TRADICIONAIS, que agora mesmo é inviable debido a falta de infrastucturas para acoller tal evento.
Desde este blog, recollemos o guante do náutico esperando e desexando que sexa unha realidade, e a colaboración entre as dúas entidades sexa unha mostra da UNIÓN deste pobo, que cando se mantén unido acada todo o que se propón.



GALEÓN DA GUERRA DE TRAFALGAR


Santos Sieira finalizou a sua maqueta máis espetacular debido ó gran tamaño.
VER MAIS MAQUETAS DE SANTOS

Boiro recibe un galeón de regalo
la voz de Galicia. 6/8/2010





Nada menos que un galeón es lo que ha recibido como regalo el Concello de Boiro. El autor de tan impresionante obsequio es Santos Sieira, un vecino de Cesar que trabajó durante seis meses para crear en madera, con sus propias manos, una réplica de un galeón construido en un astillero de Ferrol. Fue bautizado como María Rosa, en memoria de su mujer, fallecida hace unos meses.
El ejecutivo boirense está encantado con este obsequio y por ello se ha quedado en la entrada de la casa consistorial, para que todos los vecinos puedan ver y disfrutar de esta obra. En el acto de entrega estuvieron, además del propio artista, el alcalde de Boiro, Xosé Deira; el teniente de alcalde, Juan Jesús Ares, y el concejal de Cultura, Xerardo Piñeiro.

ESPERANZA - LIBERTAD

UNHA GAMELA DE CABO DE CRUZ EN 3D


El Museo do Mar digitaliza por primera vez en tres dimensiones barcos tradicionales gallegos
El plan pretende documentar el trabajo de construcción de estas embarcaciones

2/10/2009
La conservación del patrimonio marítimo flotante gallego cuenta con un aliado tecnológico en el Arquivo Virtual de Embarcacións Tradicionais (AVET). Se trata de un proyecto pionero en España cuyos objetivos son la catalogación, documentación y divulgación de las embarcaciones tradicionales, que se apoya en una tecnología denominada ingeniería inversa.
«Este tipo de embarcacións carece de documentación e, sobre todo, de planos, xa que a súa construción está en mans das carpinterías de ribeira», afirma Pablo Carrera, director del Museo do Mar de Galicia, para situar la principal dificultad que pretende resolver el proyecto AVET, que cuenta con la colaboración de la Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGVMF), y la Asociación Galega de Carpinteiros de Ribeira (Agalcari).
Una dorna y una gamela
La empresa Bimbios ya ha comenzado a trabajar con dos embarcaciones, una dorna polbeira, cedida por la FGCMF; y una gamela de Cabo de Cruz, uno de los pocos barcos tradicionales gallegos que está documentado técnicamente, circunstancia que permitirá contrastar los resultados de la ingeniería inversa.
El proyecto se encuentra en su fase inicial, pero una vez concluido, sus resultados podrán ser consultados libremente en la web www.avet.com, o en el propio Museo do Mar. Sin embargo, este proyecto experimental no podrá completarse, más allá de los dos primeros barcos elegidos, si no se obtiene financiación de las instituciones o de alguna empresa privada. Esta primera fase ha obtenido ayudas del Ministerio de Cultura.
La empresa Bimbios está conformada por los hermanos Primo y Roberto Hernández, cuyos trabajos de digitalización abarcan otros elementos patrimoniales. En la actualidad, está realizando la digitalización de los cruceiros más antiguos de Galicia para el Xacobeo.