BOTADURA DA GAMELA ESPERANZA



Botadura da gamela «Esperanza»
17/05/2002
Os actos organizados pola asociación veciñal A Unión con motivo da conmemoración das Letras Galegas continúan hoxe cun acto moi esperado polo veciños da localidade, xa que se trata da botadura da gamela tradicional Esperanza . Está previsto que a embarcación, feita por iniciativa do colectivo de tradicións mariñeiras Gamela, navegue por vez primeira sobre as seis da tarde.

A Esperanza foi a última gamela da súa tipoloxía que se conservou en Cabo de Cruz. Este foi o motivo de que se optara por facer unha réplica. Para a realización deste proxecto, a entidade contou cunha subvención concedida pola Consellería de Pesca e Asuntos Mariños.

A recuperación desta gamela é só a primeira fase dunha iniciativa moito máis ambiciosa, xa que a asociación Gamela pretende dar a coñecer a historia desta embarcación, que foi exclusiva de Cabo de Cruz, mediante unha publicación, na que se explique tamén o proceso constructivo.

Entre os obxectivos desta entidade atópase tamén participar nos encontros de embarcacións tradicionais e organizar cursos de carpintería de ribeira para que as persoas que o desexen poidan frabricar a súa propia gamela.

Ademais da botadura da Esperanza , entre os actos previstos para hoxe atópase tamén unha demostración de remo en bucetas e unha regata.

No hay comentarios:

Publicar un comentario