Esta asociación congratúlase de colaborar co CEIP Santa María do Castro de Cabo de Cruz, na 4ª Semana Cultural que se levará a cabo do 9 ao 16 de Maio, na que ademáis da homenaxe do día das Letras Galegas, adicada este ano ao escritor Valentín Paz Andrade, o colexio presenta unha exposición adicada ao Mar.
Así pois, co nome de A NOSA RÍA, O NOSO MAR, o próximo mércores 9 será a inauguración oficial desta semana cultural e da exposición.
AXENDA:
MÉRCORES, 9
10:00 - Inauguración da Semana Cultural e
da exposición adicada ao MAR, ca presencia do Alcalde do Concello e a
Concelleira de Educación.
10:30 - O armador Antonio Saborido
intrudiciranos no mundo da PESCA.
XOVES, 10
09:00 - Obradoiros de "Decoración de
cunchas e mexillóns", "Construccións de bateas", "Collage e etiquetado", e
"Pintura".
VENRES, 11
10:00 - Charla coloquio "Do mara á lata", a
cargo de Silvia Cordido, empregada nuha industria conserveira.
LUNS, 14
16:00 - "Coñecendo a profesión dos
mariscadors", da man de Agustín Rivas Río.
MARTES, 15
09:00 - Homenaxe a Valentín Paz Andrade. O
alumnado exporá as investigacións feitas en torno ao homenaxeado.
MÉRCORES, 16
16:00 - Charla coloquio sobre "O cultivo do
mexillón e da ameixa" impartida polos bateeiros Beatriz Ojea e Marcos García
Treus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario