La Voz de Galicia, publica hoxe domingo 30 de Novembro unha entrevista ao presidente da FGCMF, Manuel García Sendón, onde fala do Encontro.
ACTO DE PRESENTACIÓN LOCAL DO "XIIº ENCONTRO"
O vindeiro 21 de novembro do 2014 ás 20:00h. no salón de Actos do Centro Social de Cabo de Cruz, terá lugar o acto de Presentación Local da XII edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
Durante o acto darase a coñecer o Nº 0 da revista Mareachea, da man de Antón Vidal; e está prevista a proxección do video "Encontro de Embarcacións Tradicionas en Galicia" coa locución de Pablo Carrera.
No acto intervirán: J. Ramón Torrado, Presidente da Asociación A Gamela, Gerardo Triñanes Presidente do Comité Organizador do XII Encontro, Manolo Sendón, Presidente da Federación pola Cultura Marítima e Fluvial e o Alcalde do Concello de Boiro Juan José Dieste.
Páxina web do XII ENCONTRO http://www.encontrocabo2015.org
Durante o acto darase a coñecer o Nº 0 da revista Mareachea, da man de Antón Vidal; e está prevista a proxección do video "Encontro de Embarcacións Tradicionas en Galicia" coa locución de Pablo Carrera.
No acto intervirán: J. Ramón Torrado, Presidente da Asociación A Gamela, Gerardo Triñanes Presidente do Comité Organizador do XII Encontro, Manolo Sendón, Presidente da Federación pola Cultura Marítima e Fluvial e o Alcalde do Concello de Boiro Juan José Dieste.
Páxina web do XII ENCONTRO http://www.encontrocabo2015.org
VOLUNTARIADO PARA O ENCONTRO 2015
TI TAMÉN ES PROTAGONISTA NO XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE CABO DE CRUZ 2015
O XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no Cabo da Cruz, unha oportunidade para reafirmar unha relación do Pobo de Cabo da Cruz co Mar dende a prehistoria ata hoxe.
Esta “Campaña” embarcados para pesca da historia nas augas de calma chicha do pasado, levaranos catro singraduras a bordo de embarcacións nas que os nosos devanceiros largaban as redes na procura do seu futuro, hoxe o noso presente.
Xullo do 2015, nos días 9,10,11 e 12 e de xoves a domingo o noso Pobo volve a estar na proa da tradición mariñeira, a nosa costa , o noso porto volverán a se testemuñas da auténtica navegación tradicional: as lanchas xeiteiras, as dornas, os racús, as bucetas, os Galeóns, a nosa gamela e moitos outros barcos ergueran as súas velas saudando a un Pobo que non renuncia ao seu pasado de fonda Cultura Mariñeira e loita polo seu futuro sempre unido á salitre do mar que o viu nacer.
O éxito nesta “campaña de pesca” na memoria colectiva do noso pobo que neses días do encontro vai ser a memoria da Galicia mariñeira mais tradicional, necesita da colaboración de todo o pobo (como así vai ser), en especial dunha gran tripulación enrolada nas distintas tarefas de desenvolvemento do Encontro.
¡¡Apúntate como voluntari@ !!
Fas falta nas seguintes áreas de traballo voluntario:
*Área de Cultura: monitorado, obradoiros, exposicións … para adultos e nen@s
*Área de Información
*Área de Restauración
*Área de Servizo Marítimo
* Área de estrutura e montaxe.
Como e onde apuntarse:
Se tes 16 anos ou máis e queres ser voluntar@ necesitamos:
Que cubras o impreso oficial de voluntariado e entregalo debidamente cuberto e asinado.
Podes entregalo no Centro Social de Cabo de Cruz ou envialo por correo electrónico a cabodecruz@boiro.org Se envías os teus datos por correo electrónico no recadro de “asunto” debes poñer coma referencia VOLUNTARIADO ENCONTRO 2015.
Cabo de Cruz será escenario da primeira regata de velas cangrexas
Boiro volverá ser o punto de mira para quen fan da navegación unha arte. O próximo fin de semana, 5 e 6 de xullo, celebrarase nas súas augas a primeira regata de velas cangrejas, organizada polo Club Náutico de Boiro-Marina Cabo de Cruz, coa colaboración de Agabace e o patrocinio de Agalcari e o Concello. Un completo programa elaborouse para a ocasión e nel inclúense tamén exhibicións e conferencias.
Está previsto que o sábado, a partir das nove e media da mañá, ofrézase unha xornada de portas abertas para compartir cos asistentes, a partir do mediodía, dúas charlas especializadas. O primeiro relator será Luis Tourón, que fará un repaso pola historia da vea cangreja. Colleranlle a testemuña Ramón Albert e Julio Pousa, que falarán sobre o trimado deste tipo de aparellos. Xa pola tarde, a partir das catro, programouse unha navegación libre de exhibición e, seguidamente, a degustación dunha paella para tripulantes e armadores. Esta iniciativa coincide no calendario coas festas de Boiro.
O domingo as actividades comezarán á unha da tarde, coa saída da regata. Está previsto que regresen ás catro, como hora límite. Ás cinco será a entrega de trofeos.
No acto de presentación da regata estiveron o alcalde Boiro, Juan José Dieste; o presidente de Agalcari, Ramón Collazo; o máximo representante de Agabace, Avelino Ochoa, e o presidente do Club Náutico de Boiro-Marina Cabo de Cruz, Manuel Fajardo, que asegurou que para lle entidade é todo un orgullo contar con esta iniciativa, Tamén asegurou que se traballa para traer a Boiro actividades innovadoras e a intención é organizar unha gran exhibición de barcos clásicos.
Juan José Dieste, Ramón Collazo, Avelino Ochoa e Manuel Fajardo, sobre unha embarcación.MARCOS CREO
ENCONTRO EN CABO DE CRUZ
Barbanza
«O encontro vén a reivindicar a conciencia de pobo de Cabo de Cruz»
Falta un ano, pero a maquinaria da actividade xa está en funcionamento
Ribeira / La Voz
18 de mayo de 2014
No verán do 2015, concretamente
na segunda quincena de xullo, Cabo de Cruz vaise converter nun
fervedoiro de xente, ou iso é cando menos o que esperan os organizadores
do Encontro de Embarcacións Tradicionais da localidade boirense. Aínda
faltan moitos meses, pero a maquinaria xa está engraxándose para comezar
a funcionar. Gerardo Triñanes, cabeza visible da loita pola pervivencia
da carpintaría de ribeira, é o presidente do comité que ten a «enorme
responsabilidade» de que todo vaia vento en popa.
-Comecemos polo principio, ¿como xurdiu a idea de presentar a candidatura de Cabo de Cruz para acoller o próximo encontro?
-Os encontros son basicamente
unha festa, unha manifestación cultural coa que se pretende poñer en
valor o patrimonio marítimo a través das embarcacións tradicionais. En
toda Galicia hai máis de trinta tipoloxías destas embarcacións. Cabo de
Cruz ten unha exclusiva, que é propia desta zona e está catalogada, é a
gamela de Cabo de Cruz. E un grupo de xente tivo a idea de poñerse en
contacto coa asociación Gamela para presentar a candidatura.
-Falta máis dun ano para a cita coas embarcacións tradicionais, ¿que percorrido lle queda por diante á organización?
-Está aínda moi verde.
Constituímos o comité organizador, do que forman parte o alcalde Boiro,
Juan José Dieste, e Manolo Sendón, presidente da Federación Galega pola
Cultura Marítima, como vicepresidentes; Pepe Sieira é o secretario; José
Mariño, o tesoureiro, e hai varios vocais. Pretendemos funcionar
formando comisións para cada un dos aspectos do encontro. A mediados de
xuño queremos facer unha asemblea con todo o pobo para ver que imos
facer. E estamos tendo reunións cos distintos organismos oficiais para
conseguir o seu apoio.
-Había dúas candidaturas para
organizar estas xornadas, a outra era Combarro, ¿que cre que foi o que
pesou para que fose Cabo o porto elixido?
-Creo que foron dous factores: o
entorno, o escenario natural de Cabo de Cruz, que é fantástico e un gran
descoñecido; e, sobre todo, o enorme apoio de todos os colectivos e do
propio Concello, que xa comprometeu unha axuda económica.
-Cabo de Cruz foi sempre unha
localidade moi activa pero ultimamente parecía un pouco parada, ¿cre que
ese apoio ao encontro é unha nova mostra do dinamismo das entidades de
Cabo de Cruz?
-Xa non é só aquí, a sociedade en
xeral está aletargada, eu non sei se é pola crise ou por que, pero non
hai movemento social, non hai organizacións civís. Si creo que este
encontro vén un pouco a reivindicar a conciencia de pobo de Cabo de
Cruz, e que mellor maneira de facelo que con algo que mira directamente
ao noso mar.
-¿Iso mete presión?
-É unha responsabilidade enorme.
En vista de todo o apoio que temos, se o facemos mal vai ser para
tirarse dos pelos. Practicamente todas as entidades da parroquia, desde A
Unión e a asociación de veciños A Marxa ata o Náutico, a confraría, os
clubs deportivos e as agrupacións de mexilloeiros colaboran con nós.
Tamén moitos colectivos de Boiro, como a ABE, asociacións culturais e
Mar de Noia participarán no encontro. Esperamos contar co patrocinio das
empresas punteiras de Boiro.
-Polo que se ve non queda ninguén fóra.
-Necesitamos toda a colaboración
posible. Temos que traballar moi duro estes meses para botar a andar as
comisións e ir atraendo a xente que queira botar unha man. De feito,
facemos unha petición a todo aquel que teña algunha proposta, para que
nola faga chegar. Por exemplo, neses días queremos engalanar todo Boiro
con motivos mariñeiros, e para iso precisamos a colaboración de todo o
mundo.
-¿Que beneficios pode reportar a Cabo de Cruz, e a Boiro, a celebración desde encontro?
-Vai ser fantástico para o pobo.
Serán catro xornadas con actividades todo o día, espectáculos, rutas de
navegación pola ría, obradoiros, charlas, proxeccións audiovisuais,
exposicións, certames de poesía, teatro, bautismos de mar en
embarcacións tradicionais... O potencial turístico e dinamizador é
enorme. Estes encontros xeran moita expectación en moitos países, e
aínda que Galicia non ten grandes veleiros, si se están recuperando e
esperamos reunir uns 150 barcos galegos. Isto ten unha proxección
internacional e estamos negociando para que veñan embarcacións de
Irlanda, Portugal, Escocia... Calculamos que durante os catro días veñan
a Cabo de Cruz máis de 30.000 persoas. De feito, coido que
sobrepasaremos esa cifra. Van ser catro días moi intensos que esperamos
que sexan lembrados polo pobo e que o queiran repetir.
-Pois si que lles queda traballo por diante...
-Teremos axuda. Pablo Carrera, ex
irector do Museo do Mar de Galicia, xa ten unha gran experiencia e
vainos coordinar, e contamos tamén co asesoramento cultural de Francisco
Fernández Naval, Chisco.
Gerardo Triñanes Presidente do comité do encontro de embarcacións tradicionais
«Sería un erro histórico deixar que a carpintaría de ribeira se extinguira»
Ademais de encabezar o comité
organizador do encontro, Gerardo Triñanes é o presidente de Agalcari e
pouco menos que unha institución á hora de falar das embarcacións
tradicionais e da carpintaría de ribeira, un oficio que, defende, ten
que mirar cara o futuro. Diso tamén se falará no marco da cita que terá
lugar en Cabo de Cruz en xullo do ano próximo.
-Cada encontro de embarcacións tradicionais ten unha temática concreta, ¿cal é a que propoñen vostedes?
-Neste caso un dos eixos será a
arqueoloxía, a través do castro do Achadizo, que está no mesmo porto de
Cabo. Queremos dar a coñecer os nexos de unión dos habitantes dese
asentamento co mar. Outro dos eixos será o de documentar e recuperar
unha embarcación tradicional, o sancosmeiro, que era propio da zona de
Noia. Desapareceu, non queda ningún exemplo, e trátase de que non se
perda ese saber facer dos carpinteiros de ribeira; é moi importante
conservar as técnicas construtivas. Outro dos obxectivos dos encontros é
devolver a conciencia ecolóxica para fomentar a construción nun
material natural como é a madeira, que ademais a temos aquí, en Galicia,
e que coas novas técnicas para o seu mantemento ten grandes vantaxes.
Non se trata só de dar a coñecer a historia deste oficio senón tamén a
posibilidade de proxectalo no futuro cun pleno sentido produtivo.
-No marco da ampla
programación desde evento tamén terán cabida as xornadas de construción
naval en madeira, ¿que tema tratarán?
-Seguiremos insistindo no mesmo,
que non morra a actividade. O positivo é que imos poder traer xente
doutros países para que nos conten a súa experiencia na construción e
tamén na formación regrada do oficio.
-¿Noutros países estúdase para ser carpinteiro de ribeira?
-Si, hai escolas para a formación
de carpinteiros de ribeira; aquí é ao revés, o oficio está
desaparecendo. É un patrimonio da sociedade, esta profesión non se
debería extinguir, sería un erro histórico. Esta corrente de poñer en
valor as embarcacións tradicionais chegou a Galicia un pouco tarde con
respecto a outros países europeos. Non sei por que, paradoxicamente
vivimos de costas ao mar. Por iso queremos potenciar ese patrimonio
material e inmaterial.
PARABÉNS PARA O CLUB DE REMO CABO DA CRUZ POLO SEU COMPIONATO DE ESPAÑA
Desde a GAMELA queremos felicitar ao Club de Remo polo OURO e as duas PLATAS conseguidas onte en Cantabria, no Campeonato de España de Bateles.
Noraboa por este triunfo histórico.
Noraboa por este triunfo histórico.
Cabo de Cruz dará cabida ao Encontro de Embarcacións Tradicionais no 2015
A incerteza mantívose ata última hora, pero finalmente
Cabo de Cruz recibiu a boa noticia que esperaba: o seu porto dará
cabida á duodécima edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de
Galicia, que se celebrará o próximo verán. Os responsables desta
iniciativa agradeceron onte o apoio recibido por parte de todas as
entidades da localidade e do propio Concello: «Isto é case un proxecto
de todo ou pobo».
A candidatura crucense, encabezada pola
asociación A Gamela, tiña en Combarro a un duro rival. Durante varias
horas, os integrantes da Federación Galega pola Cultura Marítima e
Fluvial escoitaron os argumentos a favor dunha e outra localidade como
sede do encontro e finalmente resultou elixido Cabo de Cruz cun
resultado de 16 a 6 na votación.
Agora, á asociación A Gamela tocaralle pórse ao
choio para organizar un evento que atraerá ata o municipio a decenas de
embarcacións tradicionais procedentes de distintos lugares de España e
de Europa. Aínda que non é seguro ao 100%, o máis probable é que o
encontro se celebre na segunda semana do mes de xullo. Así mesmo, o
presidente de Agalcari, que colabora coa candidatura presentada pola
Gamela, explicou que se fará coincidir esta cita cunha nova edición das
xornadas de construción naval en madeira.
PARABÉNS PARA AGALCARI
A Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), con sede en Boiro, resultou finalista no Premio Promociona para entidades privadas. O traballo da asociación caracterízase por manter viva a tradición na construción de embarcacións de madeira ao tempo que incorpora as últimas innovacións aparecidas no mercado. A súa aposta é conservar o saber facer dos carpinteiros de ribeira e adaptalo ao contexto dunha economía sostible, conservando o seu valor cultural, e promovendo a divulgación e o uso do patrimonio marítimo.
La candidatura de Cabo como sede del encuentro de embarcaciones suma apoyos.
El gobierno local ya ha mostrado su disposición a colaborar con la Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras A Gamela, entidad que encabeza la candidatura.
El alcalde de Boiro, Juan José Dieste, mostró su satisfacción por que Cabo de Cruz sea una de las localidades que aspira a dar cabida al encuentro, que se celebrará en el verano del 2015, y destacó el nuevo impulso que daría este acontecimiento al turismo náutico en la ría de Arousa, y más concretamente en el municipio boirense. Para formalizar este apoyo a la candidatura presentada por A Gamela, el ejecutivo tiene previsto llevar el asunto a pleno para sumar el beneplácito de toda la corporación.
Cabo de Cruz aspira a acoller por primeira vez o Encontro de Embarcacións Tradicionais
Combarro é o rival do porto boirense na pugna por ser a sede da próxima edición.
A candidatura presentada pola asociación A Gamela de Cabo de Cruz para converterse en anfitrioa do próximo Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, organizado pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial desde 1993, foi admitida, o que converte ao porto crucense nun dos dous que pugnan por dar cabida nas súas augas a barcos tradicionais chegados, non só de toda a comunidade, senón tamén de Portugal, Irlanda, Francia, País Vasco, Cataluña, Andalucía ou Baleares. Combarro rivaliza con Cabo por converterse en sede do encontro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)