Cabo de Cruz dará cabida ao Encontro de Embarcacións Tradicionais no 2015

A incerteza mantívose ata última hora, pero finalmente Cabo de Cruz recibiu a boa noticia que esperaba: o seu porto dará cabida á duodécima edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará o próximo verán. Os responsables desta iniciativa agradeceron onte o apoio recibido por parte de todas as entidades da localidade e do propio Concello: «Isto é case un proxecto de todo ou pobo».
A candidatura crucense, encabezada pola asociación A Gamela, tiña en Combarro a un duro rival. Durante varias horas, os integrantes da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial escoitaron os argumentos a favor dunha e outra localidade como sede do encontro e finalmente resultou elixido Cabo de Cruz cun resultado de 16 a 6 na votación.
Agora, á asociación A Gamela tocaralle pórse ao choio para organizar un evento que atraerá ata o municipio a decenas de embarcacións tradicionais procedentes de distintos lugares de España e de Europa. Aínda que non é seguro ao 100%, o máis probable é que o encontro se celebre na segunda semana do mes de xullo. Así mesmo, o presidente de Agalcari, que colabora coa candidatura presentada pola Gamela, explicou que se fará coincidir esta cita cunha nova edición das xornadas de construción naval en madeira.


4 comentarios:

  1. Noraboa pola estupenda exposición da candidatura e por conseguir o voso obxectivo. Desexámosvos moita sorte na organización do XII Encontro.
    Vémonos en Cabo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En nome da Asociación A Gamela e dos demáis colectivos de Cabo de Cruz que apoiaron públicamente esta candidatura, agradecemos de corazón a vosa felicitación

      Eliminar
  2. O CM A Reiboa quere felicitar á Asociación Gamela de Cabo de Cruz pola súa elección como organizadores do XII Encontro.

    E confirmárvos que navegaremos cos nosos barcos nas augas de Cabo no ano 2015

    Bos ventos para esta travesía

    Apertas Mariñeiras

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Igual que a "Os Patexeiros", dígovos o mesmo, en nome da Asociación A Gamela e dos demáis colectivos de Cabo de Cruz que apoiaron públicamente esta candidatura, agradecemos de corazón a vosa felicitación

      Eliminar