VOLUNTARIADO PARA O ENCONTRO 2015

TI TAMÉN ES PROTAGONISTA NO XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE  CABO DE CRUZ 2015


O XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no Cabo da Cruz, unha oportunidade para reafirmar unha relación do Pobo de Cabo da Cruz co Mar dende a prehistoria ata hoxe.
Esta “Campaña” embarcados para pesca da historia nas augas de calma chicha do pasado, levaranos catro singraduras a bordo de embarcacións nas que os nosos devanceiros largaban as redes na procura do seu futuro, hoxe o noso presente.
Xullo do 2015, nos días 9,10,11 e 12 e de xoves a domingo o noso Pobo volve a estar na proa da tradición mariñeira, a nosa costa , o noso porto volverán a se testemuñas da auténtica navegación tradicional: as lanchas xeiteiras, as dornas, os racús, as bucetas, os Galeóns, a nosa gamela e moitos outros barcos ergueran as súas velas saudando a un Pobo que non renuncia ao seu pasado de fonda Cultura Mariñeira e loita polo seu futuro sempre unido á salitre do mar que o viu nacer.
O éxito nesta “campaña de pesca” na memoria colectiva do noso pobo que neses días do encontro vai ser a memoria da Galicia mariñeira mais tradicional, necesita da colaboración de todo o pobo (como así vai ser), en especial dunha gran tripulación enrolada nas distintas tarefas de desenvolvemento do Encontro.
¡¡Apúntate como voluntari@ !!
        Fas falta nas seguintes áreas de traballo voluntario:
*Área de Cultura: monitorado, obradoiros, exposicións …  para adultos e nen@s
*Área de Información
*Área de Restauración
*Área de Servizo Marítimo
* Área de estrutura e montaxe.

Como  e onde apuntarse:
Se tes 16 anos ou máis e queres ser voluntar@ necesitamos:
Que cubras o impreso oficial de voluntariado e entregalo debidamente cuberto e asinado. 
Podes entregalo no Centro Social de Cabo de Cruz ou envialo por correo electrónico a cabodecruz@boiro.org  Se envías os teus datos por correo electrónico no recadro de “asunto” debes poñer coma referencia VOLUNTARIADO ENCONTRO 2015.