Estimados amig@s,
 remitimos información da presentación do poemario de Xosé Iglesias "Tranasfusión Oceánica", que terá lugar no Asteleiro Triñanes (Chazo - Cabo de Cruz) o sábado 12 de decembro ás 19:00h., agradecendo, por adiantado, a vosa colaboración na difusión e participación deste programa cultural.
Convídamovos a compartir uns momentos de poesía oceánica neste privilexiado lugar que son os estaleiros Triñanes, en Boiro.
Gerardo Triñanes cede os seus metros de traballo e súor, para que neles se conxugue o mar coa fasquía das súas embarcacións de madeira tradicionais.
As eixolas darán paso ós versos e tamén ás melodías dunha forte promesa galega que move os dedos no piano como nós as mans na rede. Aida Saco Beiroa porá a música neste escenario.
Presentará o acto o poeta Paco Souto e contaremos tamén cos poemas de María José Fernández .


Un saúdo

AGRADECEMENTO A TÓDOLOS/AS COLABORADORES/AS E PARTICIPANTES DO ENCONTRO


Cabo de Cruz, 24 de Xullo do 2015


Apreciado/a Amigo/a:

A través deste escrito, Gerardo Triñanes, coma presidente do Comité Organizador do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia Cabo de Cruz 2015, e en nome de todo o seu equipo saúdao afectuosamente.

A través deste escrito,  queremos facerlle chegar o noso agradecemento pola súa xenerosa colaboración e contribución e dicirlle que a súa axuda foi moi importante dado que con ela e con outras colaboracións mais, puidemos levar a cabo a diversa cantidade de actividades culturais de mar e de terra do 9 ao 13 de xullo do presente.

 Todos os membros do Comité Organizador queremos darlle as gracias novamente pola súa axuda sincera e desinteresada, esperando haber obtido a súa satisfacción tras o desenvolvemento do evento.

Sen outro particular, reciba un cordial saúdo

Gerardo Triñanes
Presidente

As primeiras embarcacións xa se deixan ver



Posted by EncontroCabo2015 on Martes, 7 de julio de 2015

AUDITORIO DO MUSEO DO POBO GALEGO

PRESENTACIÓN OFICIAL DO XIIº ENCONTRO

O vindeiro sábado 20 de xuño ás 12:00 h vai ter lugar no Museo do Pobo Galego a presentación oficial do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

Participarán no acto o presidente do Comité Organizador, o presidente da FGCMF, a Conselleira do Medio Rural e o Mar, o Secretario Xeral de Cultura, a Directora da Fundación Centro Artesanía e do Deseño e o Alcalde de Boiro.

Asimesmo tamén estarán presentes no acto o Presidente de Portos de Galicia, a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro e representantes do Museo do Pobo Galego

Este acto está aberto a calquera persoa que queira asistir; e nel vaise presentar de forma sintética o XII Encontro, as actividades en terra e no mar e darase unha primeira visión dos participantes, que neste momento está previsto que veñan de Irlanda, Gran Bretaña, Francia, Cataluña, Pais Vasco, Cantabria, Málaga, Croacia, Portugal, e por suposto Galicia.

Animámosvos a todos os interesados no patrimonio marítimo a asistir a esta presentación que marca o inicio da recta final na preparación do Encontro.



Ese mesmo día en RIANXO, actividades previas ao XIIº ENCONTRO:

MEDRE O MAR!

ENCONTRO CABO 2015

PRESENTACIÓN POR XURXO SOUTO DO XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS DE GALICIA, VIDEO DE PABLO CHOUZA

Posted by EncontroCabo2015 on Miércoles, 17 de junio de 2015
LA VOZ DE GALICIA 07/05/2015
Actos culturales y mesas redondas previas servirán para divulgar el Encontro de Embarcacións
Las actividades se desarrollarán en los cuatro municipios de Arousa norte
RIBEIRA LA VOZ 07 de mayo de 2015. 
La comisión busca financiación para contratar a un grupo folk.

GESTOSO
La comisión busca financiación para contratar a un grupo folk.

El comité organizador del Encontro de Embarcacións Tradicionais que tendrá lugar en Cabo de Cruz acordó la realización de un programa de actividades previo que se llevará a cabo en los municipios de Arousa norte con el fin de presentar y dar a conocer esta cita. Aunque durante la reunión no se cerraron las iniciativas a realizar, sí se barajaron alternativas, como mesas redondas, teatro callejero y un baile.

Lo que sí se determinó fue el calendario. Los actos se efectuarán los sábados del mes de junio, empezando el día 6. El primer lugar será Cabo de Cruz, al que seguirán A Pobra do Caramiñal, Rianxo y Santa Uxía.

Asimismo, el comité está buscando financiación para que algún grupo de música folk gallego, como Treixadura, actúe en la cita. Al parecer, las negociaciones están ya bastante avanzadas.

Cuerpos de seguridad
Otro de los asuntos tratados fue la idoneidad de mantener un encuentro con miembros de Protección Civil, Policía Local y Guardia Civil de Boiro, seguramente se realizará a mediados del próximo mes, para establecer las medidas de seguridad del acontecimiento.

Varios colectivos sociales y culturales han confirmado ya su participación.

NOTA DE PRENSA XUNTA DE GALICIA

O encontro de embarcacións tradicionais de Galicia pon en valor o patrimonio marítimo cunha nova edición en Boiro
Do 9 ao 12 de xullo, o porto de Cabo da Cruz acollerá esta iniciativa a prol dos bens patrimoniais vinculados ao mar, que promove a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial co apoio da Xunta de Galicia

Santiago, 17 de marzo de 2015.- Baixo o lema ‘Vento da historia, mar de futuro...’ o porto de Cabo da Cruz, no concello de Boiro, será o escenario, entre o 9 e o 12 de xullo, da nova edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, unha iniciativa promovida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) a prol da recuperación e difusión social do patrimonio marítimo tradicional. Trátase, en palabras do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, “dun amplísimo patrimonio cultural que se forxou ao longo da historia e que hoxe require da colaboración e unión de diferentes axentes –movemento asociativo, administracións, institucións galegas e internacionais, a cidadanía en xeral– para que sexa recuperado, apreciado e valorado a todos os niveis: cultural, social, económico, turístico etc.”.

A duodécima edición do encontro, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través das consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do Medio Rural e do Mar, e de Economía e Industria, así como tamén da Deputación Provincial da Coruña, foi presentada hoxe en rolda de prensa por Anxo Lorenzo. O acto tivo lugar esta mañá na Cidade da Cultura e tamén contou coas intervencións do alcalde de Boiro e vicepresidente do comité organizador do encontro, Juan José Dieste; do presidente da federación, Manuel García Sendón; e do presidente do comité, Gerardo Triñanes.

Impulso á recuperación e ao aprecio social
“A actualización e recuperación do patrimonio marítimo –asegurou o secretario xeral– é posible grazas a esforzos continuados no tempo, con iniciativas coma esta”.“Desde a Xunta de Galicia cremos no interese do encontro para continuar o proceso de preservación e de construción dun aprecio social por este patrimonio material e inmaterial arredor do mar”.“Por iso –engadiu– apoiamos un ano máis esta iniciativa, que constitúe xa un referente estatal no ámbito da náutica tradicional, pero tamén, cada vez máis, no exterior”.

A edición máis internacional
Os organizadores do encontro esperan que esta nova edición sexa a máis internacional, con embarcacións procedentes de países como Croacia, Inglaterra, Irlanda e o veciño Portugal, ademais doutras chegadas de diferentes puntos de España, como o País Vasco ou Cartaxena. Esta participaciónenriquecerá o encontro con novas experiencias acerca da construción destas embarcacións e tamén sobre a formación regrada do oficio.

Á repercusión cada vez maior do encontro, que constitúe un punto de referencia para técnicos, amantes do patrimonio marítimo e, en xeral, para toda a cidadanía interesada en coñecer algo máis da relación co mar, tamén contribuirá a completa programación que se desenvolverá durante as catro xornadas e que incluirá este ano unha navegación específica para persoas con discapacidade.

Ás actividades no mar, coa concentración e exhibición no peirao das embarcacións tradicionais e a navegación diaria, sumaranse múltiples propostas en terra que farán deste encontro unha auténtica festa da cultura, con mostras de artesanía, obradoiros mariñeiros, exposicións, xogos tradicionais, xornadas técnicas sobre patrimonio marítimo, recitais poético-musicais, teatro e danza, e múltiples concertos.

Bens patrimoniais vinculados ao mar
No ámbito do patrimonio marítimo, ademais de colaborar co Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, a Consellería de Cultura e Educación asume tamén múltiples iniciativas, a través da Dirección Xeral de Patrimonio e dos dous centros culturais do departamento vinculados ao medio mariño: o Museo Massó, de Bueu, e o Museo do Mar de Galicia, en Vigo.Os dous centros veñen promovendo un conxunto de actividades permanentes vinculadas coa colección e preservación de embarcacións tradicionais, actividades didácticas de difusión social e a participación en programas de traballo común e xornadas de debate e estudo.

En 2013, a Xunta de Galicia tamén apoiou ‘Embarcacións tradicionais. Galicia. Pasado e presente’, unha obra publicada pola Deputación da Coruña que recolle o labor de máis de dous anos dun grupo de fotógrafos e investigadores que testaron a actualidade das embarcacións tradicionais galegas e estudaron as diferenzas con embarcacións de tempos anteriores a 1930.

O Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
Desde 1993, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (FGCMF) convoca cada dous anos o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, ao que están convidadas todas as súas asociacións así como entidades afíns, particulares e institucións. O porto de Cabo de Cruz, no concello de Boiro, será o escenario da nova edición do evento, que consiste nunha gran concentración de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego, así como doutras zonas xeográficas, acompañados de actos culturais e de lecer, xornadas, publicacións, exposicións,coloquios, música e danza tradicional, artesanía, etc.

A posta en valor da riqueza do patrimonio marítimo e fluvial galego, así como a necesidade de recuperalo e conservalo son os principais obxectivos desta iniciativa. Ademais, os encontros contribúen a difundir o traballo realizado no ámbito da recuperación do patrimonio feito polas asociacións, e ao mesmo tempo, supón unha actividade de dinamización social e de lecer, converténdose nunha festa atractiva para a cidadanía e os visitantes da concello no que se leva a cabo o encontro.

Actualmente está aberta a inscrición de barcos para o encontro, no que xa están inscritos un total de 15 de 13 tipoloxías distintas.