AGRADECEMENTO A TÓDOLOS/AS COLABORADORES/AS E PARTICIPANTES DO ENCONTRO


Cabo de Cruz, 24 de Xullo do 2015


Apreciado/a Amigo/a:

A través deste escrito, Gerardo Triñanes, coma presidente do Comité Organizador do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia Cabo de Cruz 2015, e en nome de todo o seu equipo saúdao afectuosamente.

A través deste escrito,  queremos facerlle chegar o noso agradecemento pola súa xenerosa colaboración e contribución e dicirlle que a súa axuda foi moi importante dado que con ela e con outras colaboracións mais, puidemos levar a cabo a diversa cantidade de actividades culturais de mar e de terra do 9 ao 13 de xullo do presente.

 Todos os membros do Comité Organizador queremos darlle as gracias novamente pola súa axuda sincera e desinteresada, esperando haber obtido a súa satisfacción tras o desenvolvemento do evento.

Sen outro particular, reciba un cordial saúdo

Gerardo Triñanes
Presidente