Vémonos en Combarro!

Ca publicación da Reportaxe do XIIº Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz 2015, poñemos fin ás publicacións tanto na páxina de facebook (https://www.facebook.com/encontrocabo2015) coma da web do encontro (http://www.encontrocabo2015.org). Ámbolas dúas permanecerán abertas e desde aquí, invitámosvos a facervos seguidores do XIIIº Encontro que se vai celebrar en Combarro-Poio entre o 29 de xuño e o 2 de xullo de 2017, https://www.facebook.com/XIII.Encontro.Combarro.2017 Vémonos en Combarro¡

P.D. Seguiremos publicando as nosas novas no Facebook da A Gamela (https://www.facebook.com/gameladecabodecruz) e na web http://www.gameladecabodecruz.org/

HOMENAXE A GAMELA DE CABO DE CRUZ - LEMBRANDO O ENCONTRO . III XUNTANZA DE PALILLEIRAS E BORDADORAS.


A Asociación A Gamela de Cabo de Cruz, xunto o Concello de Boiro está a organizar un programa de actuacións para homenaxear á embarcación a gamela e lembrar o “Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia” en Cabo de Cruz que tivo lugar o pasado ano no mes de xullo.

O acto “ Homenaxe á Gamela de Cabo de Cruz: Lembrando ao Encontro” céntrase na figura desta embarcación considerada como elemento patrimonial mariñeiro e etnográfico moi representativo deste pobo mariñeiro.

Prácenos achegarlle invitación e programa no que esperamos contar coa súa presenza e que nos axude a difundir dito programa cultural.

PROGRAMACIÓN

PREVIA: VENRES 8 DE XULLO DO 2016
Lugar: Centro Social de Cabo de Cruz
20:00h - Inauguración da exposición fotográfica (Imaxes Encontro 2015)

21:00h – Teatro: “Un Mar de Mulleres” (Chicas da Memoria Cruz Vermella Local Boiro)


ACTO CENTRAL: SÁBADO 9 DE XULLO DO 2016
Lugar: Centro Social de Cabo de Cruz
20:45h - Inauguración III Xuntanza de Palilleiras e Bordadoras CSoCC
21:00h - ACTO DE HOMENAXE á Gamela presentado por Xurxo Souto e proxección do vídeo documental Encontro 2015

Lugar: Peirao de Cabo de Cruz
22:30h – INAUGURACIÓN da réplica da Gamela Esperanza – Liberdade


Actuacións a cargo de“O AQUEL DE AQUELAR 2.0”CANTAREIRAS “NUNCA É TARDE”“AR DE LOUREDA”EFOLIADA



LEMBRADE QUE A XUNTANZA DE PALILLEIRAS E TAMÉN TODO O DOMINGO DIA 10